Estatutos do Club
Normas
Xerais:
O
Club ASOCIACION CORUÑESA DE WATERPOLO é unha Asociación privada con personalidade
xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas, que ten como
obxecto exclusivo ou principal a práctica da actividade física e deportiva
polos asociados, así como a participación en actividades e competicións
oficiais, sen ánimo de lucro.
O
Club ASOCIACION CORUÑESA DE WATERPOLO practicará como principal modalidade deportiva
a de WATERPOLO e solicitará a
ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas
e Deportistas de Galicia, de conformidade coa Lei Xeral do Deporte de Galicia.
O
Club ASOCIACION CORUÑESA DE WATERPOLO practicará así mesmo as
modalidades deportivas de WATERPOLO e para tal fin funcionarán as seccións
deportivas correspondentes, sen prexuízo de que a Asemblea Xeral poida acordar
a creación doutras.
O
Domicilio Social do Club ASOCIACION
CORUÑESA DE WATERPOLO fixarase na rúa VEREDA DEL POLVORIN Nº
37- 1º C.P. 15002 poboación A CORUÑA concello de A CORUÑA provincia de A CORUÑA teléfono 881
92 56 20, , correo electrónico amigosdw@mundo-r.com
O
Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do
domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a
outra localidade, que terá que ser sempre dentro do territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral
Extraordinaria.
En
ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará a modificación
estatutaria, e terá que ser notificado aos socios, e ao Rexistro de Asociacións
Deportivas e Deportistas de Galicia.
Clases de Socios,Admisión, Dereitos e Obrigacións:
O
número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non
obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das
instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número,
honorarios, aspirantes e familiares.
Son
socios de número todas as persoas maiores de idade, que satisfagan a cota
social establecida pola Asemblea Xeral.
Os
menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspirantes, tendo dereito ao uso
das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente
a ser socios de número ó cumpriren a maioría de idade.
Serán
socios honorarios aquelas persoas as que a Asemblea Xeral confira esta
distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.
Son
socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio
de número e convivan con el no mesmo domicilio.
1.- Os socios de número
terán os seguintes dereitos:
a.
Contribuír ó cumprimento dos fins específicos da asociación.
b.
Esixir que a asociación se axuste ó disposto na normativa autonómica deportiva
e ó establecido no presente Estatuto.
c.
Separarse libremente da asociación.
d.
Coñece-las actividades da Asociación e examina-la súa documentación, previa
petición razoada ó Presidente.
e.
Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.
f.
Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da
Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.
2.- Son obrigacións dos
socios de número:
a.
Aboa-las cotas que esixa a Asemblea Xeral.
b.
Contribuír ó sostemento e difusión do deporte ou modalidades Deportivas.
c.
Acatar cantas disposicións dicte a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou
Presidente, para o bo goberno da sociedade.
3.- Os socios
aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servicios e instalacións sociais da
Asociación.
4.- Os familiares dos
socios de número terán dereito a aproveitarse daqueles servicios e instalacións
que se determinen, previo pago da cota fixada.
Para
ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:
q Te-la idade
sinalada para cada unha delas.
q Solicitude por
escrito dirixida ó presidente.
q Satisface-la cota
de ingreso correspondente.
A
condición de socio pérdese:
q Por vontade propia.
q Por falta de pago
das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requirimento de pago,
e consecuente Resolución do Presidente.
q Por acordo do
presidente no seu caso, fundado en faltas de caracter grave, previa audiencia
do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se
celebre.
q Por calquera outra
causa establecida na lexislación vixente.
Son
Órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e o Presidente.
O
Presidente é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca
e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.
O
cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados
económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.
Será
elixido mediante sufraxio libre, directo, ou igual e secreto por e entre os
membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.
O
Presidente cesará por:
a.
Transcorre-lo prazo polo que foi elixido.
b.
Dimisión.
c.
Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do
seu cargo.
d.
Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.
e.
Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción deportiva.
1.
Como órgano complementario dos de goberno e representación poderá haber unha
xunta directiva que actuará como órgano colexiado da xestión do Club, e
exercerá as funcións que este estatuto lle confire.
2.
Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo
presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre.
Da mesma formará parte un secretario e un tesoureiro. Tódolos cargos serán
gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos
ou persoa interposta.
A
Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes
tódolos seus membros, aínda que non houbera mediado convocatoria previa.
3.
En especial corresponde á Xunta Directiva:
a.
Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxecto social.
b.
Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación
da Asemblea.
c.
Aplicar tódalas medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para
o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club.
O
Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, redactará
cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o
Libro de Rexistro de socios e o Libro de Actas.
1.
O Tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os
recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.
2.
Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes da cada ano, un
balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en
coñecemento de tódolos asociados.
2.
As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán
validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela,
presentes ou representados, a maioría dos seus asociados. En segunda e ultima
convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o
número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para
a súa celebración terán que mediar, como mínimo dez (10) días naturais e non
poderá transcorrer máis de vinte (20).
A
Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco
por cento, ó menos, dos socios de número.
a.
Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e
aprobación se procede.
b.
Presuposto para o seguinte exercicio.
c.
Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
d.
Proposicións que formulen os socios e que terán que ir asinadas ó menos, polo
cinco por cento dos mesmos.
2.
Terá de se celebrar Asemblea Xeral extraordinaria para a modificación de
Estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de
títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial,
enaxenación de bens inmobles e fixación
de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que
se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.
Os
acordos da Asemblea Xeral, serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán
forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón da
materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos correspondentes
e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de
Xustiza Deportiva.
O
réxime documental do Club, constatará dos seguintes libros: Rexistro de Socios,
de Actas e Contables.
No
libro de Rexistro de Socios, terán que consta-los nomes e apelidos dos socios
de número, o seu Documento Nacional de Identidade e, no seu caso os cargos de
representación, goberno e administración que exerzan no Club. Tamén hanse
especifica-las datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos
cargos aludidos.
No
libro de Actas, consignaranse as
reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da
data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As Actas terán de estar
asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.
Nos
Libros de Contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e
obrigacións, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisa-la procedencia
daqueles e a inversión ou destino destes.
Os
órganos e socios do Club estarán sometidos ó regulamento disciplinario do Club
e ó disposto no Título VII da Lei 11/1997 Xeral do Deporte de Galicia e a
normativa do seu desenvolvemento.
Así
mesmo o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os
socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionen por culpa ou neglixencia
grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento
Xurídico vixente.
1.
No momento da creación do Club deportivo, o patrimonio fundacional é:
patrimonio no momento da fundación, e dispón das seguintes instalacións e
locais propios: relación de elementos.
2.
No futuro o patrimonio do Club estará integrado por:
a.
As apartacións económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral.
b.
As doazóns e subvencións que reciba.
c.
Os resultados económicos que pode producir as manifestacións físico-deportivas
que organice a entidade.
d.
As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.
Queda
expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro e a totalidade de seus ingresos
e beneficios aplicaranse ó cumprimento dos seus fins sociais.
O
Club poderá gravar e allear bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e
emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota
patrimonial, sempre que cumpra os seguintes requisitos:
1.
Que se autoricen tales operacións por maioría de dous tercios dos socios
presentes ou representados na Asemblea
Xeral Extraordinaria.
2.
Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade
ou a actividade físico-deportiva que constitúa o seu obxecto social. Para a
adecuada xustificación deste extremo poderase esixir, sempre que o soliciten
como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno dictame
económico-actuarial
3.
Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles que foran
financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será
preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.
O
Club poderá emitir títulos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, que
serán nominativos.
Os
títulos inscribiranse nun libro que levará ó efecto o Club, no que se anotarán
as sucesivas transferencias.
En
tódolos títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, no seu caso, o
interese e prazo de amortización.
Os
títulos de débeda so poderanse
subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito algún
especial ós socios, agás a percepción dos intereses establecidos conforme á
lexislación vixente.
Os
títulos de parte alícuota patrimonial teñen que ser asemade, subscritos polos
asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de
dividendos ou beneficios.
Os
títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente
entre os que teñan a condición de socios.
Os
presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derogar, por acordo da
Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto, mediante votación
favorable dos dous tercios dos socios de número asistentes.
A
reforma destes estatutos seguirá, con
respecto ao Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, os
mesmos tramites administrativos que para a súa inscrición.
O
Club extinguirase ou disolverase por acordo de:
a.
Dos dous tercios dos socios en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó
efecto
b.
Por sentencia Xudicial.
c.
Por outras causas legalmente determinadas.
En
todo caso haberá que ser notificado ó Rexistro de Asociacións Deportivas e
Deportistas de Galicia.
Disolvido
o Club, o remanente do seu patrimonio social, se houbera, aplicarase a fins
análogos de caracter deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou
subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de
Galicia.